Este pequeno poema do poeta cubano Nicolás Guillén forma parte do libro que o noso escritor Neira Vilas versionou no ano 1977. lembrame no día da poesia, o tempo de Primaveira no que nos atopamos.
Os Ventos
Vostede non pode maxinar
cómo andaban estes ventos onte á noite.
Vironselles
os ollos escitilantes,
longo e teso o rabo.
Nada puido arredalos
(nin votos nin ladaiñas)
dunha chouza, dun barco senlleiro,
dunha granxa,
de todas esas cousa necesarias
que eles derruban sin sabelo.
Até que esta mañá trouxéronos atados,
collidos por solpresa,
vagacentos namorados,
cando vagaban cavilosos
a carón dun campo de dalias.
Eses dalí, á esquerda,
durmidos nas súas caixas.